Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concentracións en Tomelloso e Vélez contra os últimos crimes machistas

Concentracións en Tomelloso e Vélez contra os últimos crimes machistas

No que levamos de 2022, o número de mulleres asasinadas por homes ascende a 18

O presunto agresor de Tomelloso apareceu aforcado
G24.gal 31/05/2022 08:48

Tomelloso está de loito por Luisa, a muller de 48 anos asasinada o domingo presuntamente pola súa parella mentres traballaba nun salón de banquetes. 

O presunto agresor apareceu aforcado onte nas inmediacións do encoro manchego de Peñarroya. Non houbera denuncias previas por malos tratos. 

Si houbera antecedentes de maltrato no caso da muller de 50 anos asasinada o domingo polo seu marido en Vélez. O concello malagueño convocou unha concentración en sinal de repulsa por este asasinato machista. 

A muller entrara no sistema de seguimento por violencia de xénero en 2008, tras unha denuncia contra a súa parella, que agora está detido. O caso estaba inactivo neste programa de control desde había máis de dez anos. 

Con estes últimos asasinatos machistas, o balance da última semana é tráxico. Catro en oito días. No que levamos de 2022, o número de mulleres asasinadas por homes ascende a 18. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade