Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concentración en Lugo en repulsa do crime de Cristina Cabo

Concentración en Lugo en repulsa do crime de Cristina Cabo

A comunidade colombiana de Lugo amosa a súa indignación e horror

G24.gal 04/12/2022 17:46 Última actualización 04/12/2022 18:02

En Lugo capital hai uns seiscentos colombianos, unha veciñanza nova que se formou principalmente nas tres últimas décadas.

Cando se coñeceu que o presunto asasino de Cristina era colombiano, deseguida esta comunidade fixo pública a súa indignación e o seu horror polo crime.

Tamén salientaron a valentía da irmá do presunto asasino, xa que foi ela quen o delatou.

Ademais, queren evitar que este crime terrible estigmatice os colombianos que viven en Lugo.

Esta manifestación é a segunda que se produce en repulsa polo crime terrible de Cristina Cabo; a anterior estivo convocada pola Plataforma Feminista.

De novo a xenreira, a impotencia e a dor por un crime contra unha muller, un presunto asasinato que deixou a familia de Cristina, as súas amizades e á cidade de Lugo co baleiro infinito que traen as ausencias inexplicables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade