Cargando resultados...
Concentración en Lugo contra a ocupación ilegal de vivendas
Reclaman que as administracións se involucren para abordar o problema
No barrio do Sagrado Corazón hai varios inmobles ocupados sen permiso
G24.gal
26/02/2022 14:00
Veciños de Lugo saíron á rúa cunha pancarta coa súa reivindicación: que se tomen medidas contra a ocupación ilegal de vivendas. Pídenlles ás administracións que interveñan para pór solución a unha realidade que afecta, sobre todo, ás zonas deprimidas.
No barrio do Sagrado Corazón hai varios inmobles ocupados sen permiso. A veciñanza está farta dunha situación que, asegura, achega inseguridade e problemas de convivencia.
Reclaman un cambio nas normas que impida a ocupación ilegal, como a cancelación de axudas sociais cando non se cumpre a lei ou a aplicación dun protocolo contra a apropiación ilexítima.