Os veciños de Miramontes esixen o cumprimento das sentenzas vencelladas co vertedoiro
Denuncian que seguen a circular pola estrada local camión de gran tonelaxe con lixo
Esixen que a Xunta esixa a reposición dos terreos ao estado previo á vertedura de lixo no vertedoiro
A protesta acudiu a representantes das asociacións veciñais do rural compostelán
A actividade do vertedoiro de residuos de Miramontes, en Santiago, segue a ser motivo da mobilización de veciños. Protestan polo incumprimento dunha sentenza sobre o tránsito de camións de gran tonelaxe que non sexan os que van á canteira.
Case tres meses despois da resolución, segundo os veciños, seguen a pasar numerosos camión con residuos.Santiago López, voceiro da plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes di que o "camiño do Gandarón é unha das sentenzas firmes do TSXG que se está a incumprir reiteradamente sen que haxa ninguén que o impida".
A plataforma de afectados polo vertedorio de Miramontes tamén reclama con esta acción que se cumpra a sentenza do alto tribunal galego que afecta o depósito de residuos.
"O que se demostra é que non son tecnosolo, senón que simplemente lixo. E a decisión do TXXG é que hai que retiralo e repoñer o espazo natural previo ao depositar o lixo. E a Consellería de Medio Ambiente non está a facer nada para que se cumpra a sentenza", engade Santiago López.
Á concentración en Miramontes acudiron tamén representantes das asociacións veciñas do rural compostelán, para esixirlles ás administracións que poñan os medios para o cumprimento das sentenzas sobre o vertedoiro.
"Porque está a provocar, ademais de perigo, unha serie de problemas ambientais e de seguridade e de saúde. Levamos anos loitando por esta situación, hai sentenzas firmes que non se están a cumrprir e estamos indignados porque non se toman as medidas necesarias para solucionalo", explica Cruz Vázquez Veiga, a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago que estivo na mobilización do luns.