Publicador de contidos
Publicador de contidos

Concello e Costas queren erradicar os abrollos da praia vilagarciá de Compostela

Concello e Costas queren erradicar os abrollos da praia vilagarciá de Compostela

Os froitos dos abrollos son un encordio para persoas e mascotas que transitan polo paseo de Vilagarcía ao Carril

Imaxe da praia Compostela de Vilagarcía onde na zona de herba se asenta unha chea de abrollos
G24.gal 19/04/2023 14:05

Picos duros e aguzados caracterizan o elemento ante o que andan con moito coidado persoas e animais, que transitan polo paseo ou pola zona de herba que hai nos arredores do areal Compostela de Vilagarcía.

E esta é a herba, denominada abrollo, que produce os froitos espiñentos. Contan que veu coa terra empregada no recheo. A planta vai cubrindo o terreo e estende o ámbito do seu espiñento froito que amola persoas e cans.

Di unha usuaria que moitas veces ves os cans que van cunha pata encollida, como síntoma de que levan cravado o espiño dun abrollo. Un home di que "os picos eses adhírense ao calzado e lévalos para a casa".

Outra muller di a ela picáronlle a roda da bicicleta un día que ía polo paseo. Tamén destacan que ao estar camuflados co terreo, non se ven e vanse levando nos zapatos.

O Concello de Vilagarcía requiriu de novo a Costas para acabar co problema que supón o froito desta planta invasora. Fixeron arrincadas masivas e outras accións, pero sen éxito. Estes días efectuaron novas mostras para analizar a maneira de erradicar o problema dos abrollos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade