Publicador de contidos
Publicador de contidos

Con espectáculos e ducias de postos, Viveiro celebra o seu Mercado Renacentista

Con espectáculos e ducias de postos, Viveiro celebra o seu Mercado Renacentista

Ata o domingo, a vila mariñá recreará os tempos en que se erixiu a Porta de Carlos V

Félix Aragunde 04/07/2024 21:13

Durante os días vindeiros, Viveiro viaxará no tempo co gallo da celebración do seu mercado renacentista. Os viveirenses regresan a mediados do século XVI, cando un voraz incendio asolou a vila do Landro e o monarca Carlos V a eximiu do pagamento de impostos ás arcas imperiais.

O recinto histórico atavíase de época para recrear aqueles tempos en que se levantou un dos monumentos máis recoñecibles deste concello mariñao. Trátase da Porta de Carlos V ou da Ponte, erixida en 1548.

Ademais de espectáculos propios da época, como bufóns ou malabares, o mercado tamén ofrece unha gran variedade de produtos artesáns. Entre eles, coroas de flores, xabóns e alimentos como doces, embutidos ou queixos chegados de media Europa.

A música anima tamén as rúas do centro da vila do Landro, que este venres acollerá o xa tradicional desembarco do rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade