Publicador de contidos

Publicador de contidos

Compostela encadea dous festivos e acada unha ocupación turística do 85 %

Compostela encadea dous festivos e acada unha ocupación turística do 85 %

As rúas están cheas e bares e restaurantes rexistran un movemento propio da temporada alta

G24.gal 17/05/2023 14:38

En Compostela o 17 de maio é festa por partida dobre. Día das Letras e véspera da Ascensión. Bailan na alborada ata as turistas de Castela-A Mancha, e a Alameda está chea de tómbolas, cabaliños e postos de rosquillas.

A animación non para nas rúas da cidade, aínda en maio, e cun ambiente de turismo de temporada alta, en que atopar xentes de todo o planeta. 

Santiago está cheo, case a calquera hora. Terrazas, rúas, persoas mirando escaparates e mercado recordos.

A ocupación en hostalería é do 85 % e hai animación en bares e restaurantes. Nun maio que, na vez de marcear, semella que agostea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade