Publicador de contidos

Publicador de contidos

Complicado rescate dun home na poza da Moura, en Moaña

Complicado rescate dun home na poza da Moura, en Moaña

Bombeiros e policías locais tiveron que evacuar en padiola un home ferido ao esvarar neste punto turístico de Domaio

G24.gal 14/10/2026 14:07

A poza da Moura é un dos moitos atractivos turísticos do Morrazo, pero cómpre ir amodo. Un home resultou ferido ao caer por un desnivel e bombeiros e Policía Local tivérono moi complicado para sacalo de alí. O home, duns cincuenta anos, acabou ingresado no Cunqueiro con lesións en xeonllo e nocello. 

"O singular do rescate foi o acceso e a evacuación da persoa accidentada. O acceso foi dificultoso porque foi por uns sendeiros, que non están ben sinalizados, e tivemos que achegarnos a vítima para empaquetala nunha padiola de niño e portalo ata unha estrada en que estaba a ambulancia do 061", relata Alberto Doval, cabo bombeiro do Consorcio de Pontevedra.

A Policía Local e os bombeiros tivérono moi difícil para evacualo dunha zona pouco accesible.

"Era unha persoa pesada, foi un porteo dificultoso para tres ou catro persoas pola dificultade propia do terreo; foi a media tarde e as rochas estaban molladas, se esvaraba un pouco, e a evacuación da poza da Moura foi o mais dificultoso", di Doval.

O home esvarou na poza da Moura, un dos lugares máxicos e máis visitados do Morrazo. Son moitos os que se achegan sen tomar as precaucións máis básicas.

Conta un home que visita a zona que "está a cousa complicada, a xente ten que vir con coidado e preparada para andar, non de calquera maneira, pero tampouco é que sexa excesivamente perigoso, pero hai que saber onde se mete un e informarse antes".

"Déronse casos similares no pasado, é unha zona de difícil acceso, que lle gusta moito aos sendeiristas porque ten unhas vistas moi bonitas. A recomendación é que nunca vaian sós, neste caso ía coa familia e puideron avisar, pero unha persoa que vaia soa, sen experiencia, e que non teña equipo para poder autoevacuarse ou avisar se ten algún problema, pois non é recomendable", engade o bombeiro.

Son múltiples lendas sobre a poza da Moura e de xente que escoita a voz dunha muller belísima que se peiteaba na auga chorando por un amor prohibido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade