Rescatan dúas persoas que quedaron encalladas coa súa moto de auga en Soutomaior
A parella foi evacuada en perfecto estado ao aeroporto de Peinador
Rescatan dúas persoas que quedaron encalladas coa súa moto de auga en nunha zona de rochas entre as Illas Alvedosas e o peirao de Arcade.
Ocorreu contra as nove da noite deste xoves. Foi un dos implicados quen chamou ao 112 Galicia. Ambos estaban ilesos, mais atopábanse a uns cen metros da costa e non podían saír a pé.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia e dos axentes da Garda Civil. Tamén se informou aos voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea.
Salvamento Marítimo confirmou a saída do helicóptero Pesca I, de Gardacostas de Galicia, para levar a cabo o rescate de ambas persoas. Foron evacuadas en perfecto estado ao aeroporto de Peinador.