Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisións Obreiras e CSIF convocan paros parciais cada venres de maio nos centros da Seguridade Social

Comisións Obreiras e CSIF convocan paros parciais cada venres de maio nos centros da Seguridade Social

Os paros terán lugar de 10:30 a 11:30 horas de cada venres, amais de estar prevista unha folga para o 7 de setembro

Manifestación do sindicato CSIF Manifestación do sindicato CSIF
G24.gal 11/05/2023 17:33

Os sindicatos CCOO e CSIF convocaron folgas, en forma de paros parciais os venres do mes de maio, en todos os centros da Seguridade Social por "a deterioración dun dos servizos públicos con maior demanda da cidadanía".

Ambos sindicatos sinalan nun comunicado conxunto que "A falta de efectivos, o envellecemento dos persoais, o atraso na xestión de prestacións e o incumprimento de leis e acordos en materia de persoal obrígannos á convocatoria da primeira folga na historia deste organismo. 

Os paros terán lugar todos os venres de maio, desde as 10:30 h ata as 11:30 h, así como unha xornada de folga de 24 horas o 7 de setembro. As centrais critican que a "falta de compromiso" do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións provocou unha situación "caótica" ante a que non poden senón "subir o nivel de reivindicación".

Desconxestión da cita previa

Este mércores coñeceuse que a Seguridade Social pagará seis euros por cada cidadán atendido aos traballadores destinados á atención directa que se queiran sumar a un plan de carácter voluntario que se vai a poñer en marcha con carácter inmediato para desconxestionar o sistema de cita previa.

Trátase dun plan de carácter urxente mentres se produce a incorporación e formación dos 4.000 novos traballadores cos que está previsto reforzar o persoal da Seguridade Social.

Nos últimos meses, e ante as críticas da oposición, o ministro de Inclusión e Seguridade Social, José Luis Escrivá, reiterou en sede parlamentaria que traballan para ampliar o horario de atención e noutras medidas para axilizar e dar saída á demanda do organismo.

Con todo, os sindicatos convocantes indican que as medidas para abordar son de maior calado no que afecta á ordenación dos recursos humanos e á integración das diferentes entidades da Seguridade Social nunha axencia. 

Outras materias que se queren incluír na negociación, amais das laborais son o traballo a distancia, o calendario laboral, a formación, a provisión de postos de traballo e as ofertas de emprego público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade