Cargando resultados...
Comisan 63 quilos de centola no porto de Aguete, en Marín
Sorprenderon un furtivo descargando o marisco dunha embarcación

G24.gal
23/12/2022 12:54
Axentes da Policía Autonómica requisaron 63 quilos e medio de centola no porto de Aguete, en Marín.
Os policías detectaron como un home descargaba, directamente no maleteiro do seu coche, desde unha embarcación, catro cestos de centola. Ao requirirlle a documentación, comprobaron que non estaba autorizado nin a capturar esa cantidade nin a descargar nese porto nin a transportar o marisco nese vehículo.
As centolas estaban vivas, así que foron devoltas ao mar.