Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisados 100.000 euros, xoias e reloxos á parella italiana detida en Vigo nunha operación contra a Cosa Nostra

Comisados 100.000 euros, xoias e reloxos á parella italiana detida en Vigo nunha operación contra a Cosa Nostra

A operación internacional desenvolveuse simultaneamente en España, Italia e Portugal a semana pasada

Nos rexistros en Italia incautáronse de 3 millóns de euros

Os arrestados en Vigo están en prisión preventiva tras pasar a disposición xudicial

G24.gal 26/02/2024 17:08

Os dous italianos detidos a semana pasada en Vigo nunha operación internacional relacionada coa organización criminal Cosa Nostra dispoñían de máis de 100.000 euros, xoias e reloxos de luxo que lles foron confiscados no domicilio no que residían no centro da cidade galega.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou este luns da incautación do diñeiro e obxectos de valor que tiñan os detidos na súa residencia. O Xulgado de instrución 4 de Vigo, en funcións de garda, foi o que coordinou eses rexistros, así como a posta a disposición da Audiencia Nacional dos dous detidos para resolver a orde europea de detención tramitada por Italia, no marco do operativo sobre unha organización relacionada á Cosa Nostra.

Ademais dos 100.000 euros en efectivo, xoias e reloxos de luxo que se lles incautaron en España; en Italia, os rexistros realizados pola Garda dei Finanza permitiron confiscar en Xénova e Palermo máis de 3 millóns de euros en efectivo, así como reloxos e automóbiles de alta gama. A semana pasada, o Xulgado Central de Instrución 2 acordou o ingreso en prisión das dúas persoas que foron detidas en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar