Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezou a veda da centola na Coruña e Pontevedra despois de sete meses de campaña

Comezou a veda da centola na Coruña e Pontevedra despois de sete meses de campaña

A veda prolóngase ata o 5 de novembro

Na provincia de Lugo a veda comeza o 3 de xullo ata o 27 de novembro

Centola na lonxa do Grove
G24.gal 25/06/2023 14:07 Última actualización 25/06/2023 14:48

Comezou a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra despois dunha boa campaña con case 624 toneladas extraídas desde a Guarda ata Estaca de Bares. No litoral da provincia de Lugo comezará o próximo día 3 de xullo.

Despois de sete meses de campaña as embarcacións que andan á centola nestas dúas provincias recolleron o aparello, sen queixa das extraccións esta temporada, como manifestou Xosé Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías.

Esta campaña podemos dicir que foi boa. Foi boa de centola, houbo moitas capturas e os prezos estiveron aí, depende das datas. No Nadal e noutras datas consómese moito produto. Tivemos unha media sobre 10 euros e é un prezo bo para este produto. 

A prohibición de coller centola comezou onte e dura ata o 5 de novembro. A medida axusta a pesca ao ciclo de vida do marisco e aos seus períodos de cría para facer unha explotación máis sustentable. Esta semana que vén só se poderá extraer centola na costa de Lugo, como puntualizou Pérez Sieira.

Lugo segue un pouco máis porque empeza moito máis tarde ca nós. O 3 de xullo pecha e abre a mediados de novembro, coma todos os anos. 

Durante esta campaña capturáronse 358 toneladas deste crustáceo na provincia da Coruña e 265 na de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar