Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezou a rodaxe da serie galego-portuguesa 'Motel Valkirias'

Comezou a rodaxe da serie galego-portuguesa 'Motel Valkirias'

É unha dramedia de oito capítulos que contén misterio, drama e humor

Está ambientada nun hotel situado entre Ourense e Portugal e vaise emitir en galego e portugués

 

A serie vaise emitir probablemente nunha plataforma internacional
G24.gal 17/01/2022 15:13

Producida pola empresa galega CTV e a portuguesa SPI, está ambientada nun motel, o Valkiria, situado na fronteira entre Ourense e Portugal. A serie, en que tamén participan a TVG e a Radio Televisión Portuguesa, mestura drama, suspense e humor.

As protagonistas son tres mulleres que se xuntan para roubar o botín dun cliente do motel, pero non saben que ese botín pertence a unha perigosa banda de delincuentes. Serán oito capítulos de 50 minutos que se van emitir en galego e portugués non só en Galicia e Portugal.

"Ten un puntiño thriller no sentido de que ten unha parte drama, en que unhas mulleres se atopan de xeito inesperado co mundo do crime organizado e teñen que sobrevivir en situacións que poden chegar a ser esperpénticas por momentos. Está, penso que moi avanzado, un acordo cunha plataforma para que a serie vaia moverse tamén nunha plataforma internacional", explicou Fernando Ojea, director de Contidos de TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade