Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as rutas en barco polo río Miño

Comezan as rutas en barco polo río Miño

Xa comenzaron as rutas gratuítas en barco polo río Miño que van permitir coñecer un pouco mellor os concellos transfronteirizos de Galicia e do norte de Portugal.

Catro municipios, Salvaterra, Monção, Tui e Valença, únense para impulsar un proxectro que combina paseos polo río e rutas guiadas a pé.

O Miño convértese así no eixe integrador destas dúas culturas transfronteirizas.

G24.gal 27/02/2022 18:23

Observamos a súa beleza dende o embarcadoiro de Tui, utilizámolo para practicar deportes náuticos, cruzámolo en coche ou a pé para visitar o país veciño e unha vez alí, volvemos observar esta fronteira natural que serve para conectar estes dous países. Agora este río Miño convértese nun destino navegable.  

Temos dúas rutas ao día: unha ruta pola mañá, que é de día completo, e unha ruta pola tarde, que só consiste en navegación polo río Miño.

 

Son as palabras de Antonio Fernández, o xerente da empresa na que se poden facer as reservas a través da web. Catro concellos poñen en marcha esta iniciativa de forma gratuíta. As rutas que duren todo o día, comezan cun percorrido a pé polo núcleo histórico. Serán a de Tui-Valeça e a de Salvaterra-Monção.

Xa no peirao flotante dos pescadores agarda o barco que iniciará a ruta navegable río arriba. Unha experiencia inédita que permite coñecer os encantos que agochan estas dúas beiras. Así o conta o patrón da embarcación encargada do paseo, Luís Ulloa.

Un dos nosos emblemas é o Miño, destino navegable. Facemos unha ruta remontando o río e outra baixando. Compartimos un montón de cousas bonitas que temos, as murallas de Valença, a catedral de Tui.

A ruta ten unha hora e media de duración. Un tren turístico agarda no peirao para recoller os visitantes ata Valença, onde volverán percorrer a pé os encantos paisaxísticos, gastronómicos e culturais do país veciño. As reservas poden facerse a través da web e dependerán das condicións de navegabilidade dun río que sempre quixo unir estas eurocidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar