Comezan as probas dos trens avril que poderían funcionar xa en xuño
Un cambiador en Ourense modificará os seus eixos para pasar dun ancho a outro
Reduciranse os tempos de viaxe coas principais cidades galegas uns 20 minutos
Empezaron as probas dos tren Avril, os que farán en Galicia as conexións co Ave. Eses ensaios parecen descartar a petición que facía o Goberno galego para que o Adif cambiase o ancho de vía a partir de Ourense.
Adif defende manter o ancho ibérico, uns vinte centímentros máis ancho que o internacional. Construiríase aquí en Ourense un cambiador que permitirá que eses trens Avril poidan modificar os seus eixos e pasar dun ancho a outro.
Subirían a velocidade a partir de Ourense e reduciríanse os tempos de viaxe coas principais cidades galegas uns 20 minutos.
O Goberno galego insiste en pedir o cambio de vía porque coa opción proposta por Adif, aseguran, o tren non circulará á máxima velocidade que podería e impedirá a entrada de novos operadores, o que afectará as frecuencias e tamén os prezos.