Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan a aparecer as primeiras manchas de mildio en viñedos do Rosal e do Salnés

Comezan a aparecer as primeiras manchas de mildio en viñedos do Rosal e do Salnés

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro deu o aviso para vixiar os viñedos e comezar cos tratamentos para evitar a propagación da enfermidade

O mildio afecta todas as partes verdes da vide e deben ter especial coidado na floración 

G24.gal 04/05/2022 14:40 Última actualización 04/05/2022 15:19

As condicións atmosféricas irregulares desta primavera fan que nos viñedos das Rías Baixas comecen a aparecer as primeiras manchas de mildio. Chega o momento de aplicar os tratamentos e manter as vides baixo vixilancia para evitar que a produción se vexa afectada.

Esta mesma semana a Estación Fitopatolóxica do Areeiro avisaba: o mildio xa está aquí e toca comezar os tratamentos para combater esta enfermidade tanto no Rosal como no Salnés. A aparición das primeiras manchas aceitosas nas follas é un dos síntomas. 

Estar atentos aos avisos da estación, así como ás condicións atmosféricas é fundamental para atallar a posible propagación. "Chuvia, temperaturas medias que superen os 10 graos e despois o que nós chamamos fenoloxía, que haxa brotes, partes verdes do viñedo onde se cae esa oospora do mildio teña onde desenvolverse" explica Joaquín Martínez, técnico de viticultura de Bodegas Martín Códax.

A partir de aquí toca vixiar e aplicar tratamento. "Nestes momentos, as ferramentas que empregamos son os tratamentos fitosanitarios específicos para mildio e sempre, na medida do posible, temos que ir en preventivo", indica Joaquín Martínez. "A partir de que a uva sexa máis grande, se ves limpo de atrás, vas ter menos problemas. A uva é sensible mentres non comece a maduración", lembra. 

O mildio afecta todas as partes verdes da vide e deben ter especial coidado na floración, a finais de maio aproximadamente. Estas primeiras actuacións son vitais para evitar que esta enfermidade acabe afectando a cantidade e a calidade da colleita. Con todo, din que este ano polo de agora está a ser tranquilo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade