Comeza a campaña de verán con tímidos datos de ocupación nas Rías Baixas
O sector fala dunha ocupación próxima ao 70 %, por debaixo do agardado
O tempo será determinante e podería marcar o ritmo de reservas
Primeira fin de semana de xullo. Para moitas persoas é o inicio das vacacións. A costa é o destino favorito para pasar uns días de descanso. Con todo, o sector fala de cifras de ocupación por baixo do agardado neste inicio do verán.
Segundo o empresariado da provincia de Pontevedra, rolda o 70 % pero se agarda un incremento progresivo nas vindeiras semanas. Algúns hoteis de Sanxenxo prevén chegar ao 85 % en xullo e ao 90 % en agosto.
Saben que o tempo, sobre todo na costa, marcará o número de reservas. Porén, amósanse optimistas porque o verán só acaba de comezar.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, augura unhas cifras históricas para este mes de xullo.