Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza unha nova semana de folga entre os traballadores de Ryanair

Comeza unha nova semana de folga entre os traballadores de Ryanair

Esta mañá no aeroporto Rosalía de Castro producíronse dous atrasos por causa das protestas

A folga continuará ata despois de Nadal todas as semanas de luns a xoves

Alberto Mancebo 15/08/2022 14:23

Os tripulantes de cabina de Ryanair seguen en folga unha semana máis, e pensan estendela ata despois do Nadal. 

Ata esta hora, o voo provinte de Málaga e o que sae da Lavacolla cara a esa cidade víronse afectados con atrasos dunha hora. Os avións seguen indo cheos e as reticencias dos usuarios en voar coa aeroliña seguen sendo menores a pesar das incertezas que supón.

En Galicia, os voos cancelados por estas protestas este ano foron mínimos porque Ryanair suple as ausencias con traballadores doutros países.

A folga ten máis incidencia no resto de España. Esta mañá rexistráronse 6 voos cancelados en Barcelona e 78 atrasos no total do Estado.

Os empregados esixen que a dirección da empresa sente a negociar con eles para que cumpra a lei laboral española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade