Cargando resultados...
Comeza un EuroBasket sen galegos e sen España como favorita
Os favoritos son Alemaña, vixente campioa do mundo, e a Serbia de Nikola Jokic
Foto FEB
G24.gal
27/08/2025 13:23
Última actualización 27/08/2025 13:30
España estrearase no EuroBasket contra Xeorxia, nun grupo en que tamén están Chipre, Bosnia Herzegovina, Italia e a Grecia de Giannis Antetokounmpo
A selección segue inmersa nun cambio xeracional con ata cinco xogadores facendo o seu debut nun gran torneo co combinado nacional e sen a presenza de ningún galego.
Pese a non estar entre as favoritas os xogadores españois aférrase ao seu carácter para ir medrando durante o torneo e repetir o éxito do último EuroBasket.
España parte co complicado obxectivo de revalidar o titulo nunha competición que ten como favoritos Alemaña, vixente campioa do mundo, e a Serbia de Nikola Jokic