Publicador de contidos

Publicador de contidos

Négase a declarar o exsecretario da CEG pola presunta fraude nas subvencións

Négase a declarar o exsecretario da CEG pola presunta fraude nas subvencións

A Fiscalía pide para o principal acusado, Rafael Sánchez Sostre, catro anos de prisión e unha multa de dous millóns de euros por un delito de fraude de subvencións

Os outros oito acusados enfróntanse a peticións de dous anos de prisión e multas que oscilan entre os 50.000 e os 500.000 euros

G24.gal 19/01/2022 10:56

O xuízo sobre a suposta fraude millonaria de subvencións ocorrido na Confederación de Empresarios de Galicia a finais da década dos noventa comezou esta mañá na Sección da Sexta Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, onde se celebrará durante tres xornadas.

Na primeira sesión deste xuízo oral estiveron presentes seis dos acusados pola suposta fraude de subvencións a finais dos noventa. O ex-secretario da CEG, Rafael Sánchez Sostre, negouse a declarar. A Fiscalía pide para Sánchez Sostre catro anos de prisión e una multa de dous millóns de euros.

A defensa reclama a prescrición de delitos pero o xuíz dixo que o xuízo se vai celebrar e que posteriormente sobre ese punto.

As defensas alegaron, en setembro de 2019, indefensión, ao non poder acceder a 21 tomos da causa, a cantidade total difire entre os 6.000 e os 9.000 folios en función do que di cada parte. Por iso, reclamaron unha suspensión, á que accedeu o tribunal.  

Para o principal acusado, o que ata o ano 2000 foi secretario da patronal galega, Rafael Sánchez Sostre, a Fiscalía pide catro anos de prisión e unha multa de dous millóns de euros por un delito de fraude de subvencións.  

Os outros oito acusados enfróntanse a peticións de dous anos de prisión e multas que oscilan entre os 50.000 e os 500.000 euros. Entre eles hai socios, xestores e representantes de empresas organizadoras de cursos de formación por supostamente apropiarse de fondos públicos destinados para ese efecto entre os anos 1996 e 1999.

De acordo coa Fiscalía, todos os acusados, "coa finalidade de conseguir un beneficio patrimonial", apropiáronse de fondos públicos xustificados a través de "cursos non realizados", facturas "dobradas" e a "imputación excesiva de custo" de profesorado, aulas e manuais didácticos, ademais de "outros excesos contables".  

Considérase a Sánchez Sostre, por aquel entón secretario da CEG, como o "máximo responsable" da trama e de ser o "encargado de tramitar e dar cumprida conta" entre os anos 1997 e 1999 de subvencións ascendentes a varios millóns de euros e procedentes de fondos europeos, correspondentes a plans de formación que xestionaba o INEM, a través da Fundación para a Formación Continua, ou que convocaba a Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade