Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o ensaio en humanos da primeira vacina contra o cancro de mama

Comeza o ensaio en humanos da primeira vacina contra o cancro de mama

É unha vacina experimental aínda non aprobada

Vai dirixida ao cancro máis agresivo, o triplo negativo

G24.gal 04/11/2021 21:36

Os primeiros ensaios en humanos para atopar a primeira vacina contra o cancro de mama abren unha porta á esperanza. En España detéctanse máis de 30.000 casos cada ano, e os expertos subliñan a importancia dos equipos multidisciplinares para traballar na detección precoz.

Está aínda nunha fase inicial, pero a vacina contra o cancro de mama podería estar máis preto. Científicos norteamericanos comezaron os primeiros ensaios en humanos para confirmar os resultados dun tratamento, que, como explican os expertos, vai dirixido ao cancro máis agresivo e complicado, o triplo negativo.

Trátase dunha vacina experimental, aínda non aprobada, que se vai probar nun grupo entre 18 e 24 pacientes que xa recibiran tratamento.

Expertos suliñan a importancia da detección precoz para loitar contra unha enfermidade que só este ano vai deixar en España máis de 33.000 novos casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar