Comeza na Audiencia de Logroño o xuízo pola agresión sexual e morte do pequeno Álex
O acusado, Francisco Javier Almeida, dixo que tiña un recordo moi impreciso do que aconteceu aquel día
Francisco Javier Almeida respondeu hoxe por primeira vez pola presunta agresión sexual e posterior asasinato do pequeno Álex, de nove anos.
Almeida insistiu en varias ocasións en que tiña un recordo moi impreciso de todo o sucedido aquela tarde do 28 de outubro do 2021.
Ademais dixo estar convencido de que autor dos feitos fora outra persoa.
Pero a familia do pequeno Álex cre que só trata de aparentar problemas psíquicos que non ten.
Almeida xa fora condenado en 1993 a sete nos por agresión sexual a unha menor e no 2001 a 30 anos por agredir sexualmente e asasinar unha muller, pero en abril do 2020 logrou a liberdade provisional.
Agora tanto a fiscalía como as acusacións piden para el prisión permanente revisable.