Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Comeza en Baiona o Campionato de España de cruceiros
                            G24.gal
                        
                            07/10/2022 21:40
                        
                        
                        
                        
                    
                    Baiona acolle dende este venres o Campionato de España de cruceiros. Dezaoito tripulacións compiten na proba organizada polo Monte Real Club de Iates. A primeira xornada déixanos os primeiros líderes: o Butxaca canario, o Team Tac valenciano e o Bullbox de Asturias. Os tres grupos participantes completaron tres probas cun vento de entre 5 e 7 nós. O Orión galego, foi segundo no Grupo 1 e pasa á quenda preferente do sábado.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        