O xuízo polo asasinato e violación de Laura Luelmo, a porta pechada
Fiscalía e acusación particular piden para Bernardo Montoya prisión permanente revisable por matar e agredir sexualmente a Laura Luelmo

Comezou o xuízo polo asasinato e violación da moza profesora Laura Luelmo, ocorrido en El Campillo, Huelva, en decembro de 2018.
Apupado por algunhas persoas cando baixou do furgón policial, o acusado, Bernardo Montoya, presta declaración na primeira sesión da vista, que se celebra a porta pechada a petición de todas as partes para preservar o dereito á intimidade da vítima e da súa familia.
Só a defensa desta solicitude foi pública, e inmediatamente despois de que o xurado popular previamente constituído a avalara, o xuízo quedou pechado ao público.
Fiscalía e acusación particular piden para Bernardo Montoya prisión permanente revisable por matar e agredir sexualmente a zamorana Laura Luelmo, que tiña 26 anos e acababa de instalarse na pequena localidade de El Campillo para traballar nun instituto próximo.
A vista durará cinco días.