Comeza a derruba das vivendas de San Xosé, na Coruña
Moitas funcionan dende hai máis de vinte anos como puntos de venda de droga
Á primeira hora da mañá e en presenza da policía, os últimos ocupantes das vivendas de San Xosé foron desaloxados.
Os axentes despregaron un amplo dispositivo para precintar a zona e garantir o desaloxo, autorizado pola xustiza. Hai anos que moitas voces piden a derruba destas vivendas.
Dende hai tempo a presenza policial na zona era case continua. As casas foron ocupadas de maneira irregular e funcionaban como punto de venda de droga.
No verán o Concello anunciaba que a derruba ía ser inmediata, pero a presenza de ocupantes nalgún destes inmobles obrigou a cambiar os plans. Agora coa autorización xudicial na man xa non hai volta atrás e as máquinas xa comezaron o seu traballo. Calculan que se prolongue durante tres meses.