Cargando resultados...
Comeza a Copa das Rexións, en que Galicia disputará por primeira vez a fase final
Galicia está no Grupo A e xogará ante Bavaria (Alemaña), Zenica-Doboj (Bosnia) e a Rep. de Irlanda amateur
G24.gal
06/06/2023 13:54
Última actualización 06/06/2023 14:02
Presentouse a Copa das Rexións que terá lugar en Galicia do 9 ao 17 de xuño. A Selección Galega disputará por primeira vez na historia a fase final.
Louzán: "Por primeira vez será Galicia a que represente a España na fase final e imos celebralo aquí, en Galicia".
Galicia está no Grupo A e xogará ante Bavaria (Alemaña), Zenica-Doboj (Bosnia) e a Rep. de Irlanda amateur.
O Grupo B fórmano Lisboa (Portugal), Belgrado (Serbia), Zlin Region (República Checa) e Dolnośląski (Polonia).