Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a campaña da sardiña tras acurtarse o periodo de veda

Comeza a campaña da sardiña tras acurtarse o periodo de veda

O tope diario será de ata 3.200 quilos de xouba por barco, se este leva máis de 8 tripulantes

G24.gal 20/03/2023 13:01

Este luns comezou a campaña da sardiña en Galicia. A abundancia desta especie na nosa costa permitiu adiantar o inicio desta campaña, e rebaixar 3 meses a súa veda. O tope diario será de ata 3.200 quilos de xouba por barco, se este leva máis de 8 tripulantes. Dende o sector aplauden o incremento do límite total de capturas para España e Portugal este ano, con máis de 56.000 toneladas.

Aque a frota española dispoñerá da cota dispoñible máis alta dos últimos anos, 18.962 toneladas, segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Produciuse un incremento de máis de 4.000 toneladas respecto ás que dispuxo en 2022 para os caladoiros afectados, en augas do Atlántico, golfo de Cádiz, Galicia e Cantábrico.

Trátase, ademais, dun dos inicios da pesqueira máis temperáns dos últimos anos, tras máis de tres meses de peche, xa que en 2022 abriuse a principios de abril, e tradicionalmente desde o inicio da aplicación de plans de xestión comezaba a principios de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade