Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comesaña anuncia que poderían ampliarse a 206 os médicos formados para Atención Primaria en Galicia

Comesaña anuncia que poderían ampliarse a 206 os médicos formados para Atención Primaria en Galicia

"Temos, efectivamente, un problema de falta de profesionais que acontece en todo o Estado", di o conselleiro de Sanidade

G24.gal 12/04/2022 13:49

"Temos, efectivamente, un problema de falta de profesionais que acontece en todo o Estado", admitiu o conselleiro de Sanidade. Para non seguir a restar facultativos á Atención Primaria, Xulio García Comesaña demanda do Ministerio unha especialidade en Urxencias.

O Sergas traballa tamén para incorporar este mesmo ano 206 médicos a destinos de difícil cobertura. Acaba de aprobar unha oferta pública de emprego para cubrir 106 prazas en concurso de méritos e demanda que no ministerio tomen "as medidas que corresponden para aumentar o número de especialistas formados".

"A Xunta de Galicia pediu nestes últimos meses a acreditación de 64 novas prazas de médicos MIR de familia que permitirían para pasar das 106 xa ofertadas, 142 que temos xa acreditadas, a un total de 206", dixo o conselleiro. 

Comesaña facía estas declaracións nunha vista ao centro de saúde de Moraña, que vai ser remodelado para resolver os seus problemas de espazo. Xulio García Comesaña dixo que o presuposto de primaria deste 2022 é o segundo maior da historia: un total de 34 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos