Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comercio e hostalería de Ourense reclaman que San Xosé sexa festivo

Comercio e hostalería de Ourense reclaman que San Xosé sexa festivo

Din que é unha data con moito movemento económico, pero que ao ser un día laborable hai menos celebracións e menos consumo

Praza de abastos de Ourense
G24.gal 18/03/2024 13:35

É vespera de san Xosé pero apenas hai movemento na praza de abastos de Ourense.

"Eu estou abrindo o marisco por se acaso alguén vén preguntando", afirma unha praceira, "San Xosé nótase cando é festivo. Nós imos pechar mañá, a ver... debería ser festivo pero non nos preguntan".

Cando isto acontece, afirman, nótase nas facturacións.

Emilio González, presidente dos Comerciantes da praza de abastos: "Podemos dicir que a festa de San Xosé se podía comparar case co día de Noiteboa. Chama a atención, pero temos datos para dicir que o Día de San Xosé é unha festa económica moi importante".

Unha data de xuntanzas e agasallos polo Día do Pai ou do San Xosé, que perden forza, din, ao non ser día festivo.

Javier Outomuro, presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense: "Se mañá fora festivo eu hoxe xa estaría dicindo que estaba todo cheo, pero así estamos ao 30 % como moito. A diferenza é moita".

Unha reclamación que leva tempo sobre a mesa.

Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense: "A costa pide o San Xoán, pero nós cremos que hai que defender o comercio e os días que se consome. Ese día é dos máis importantes do ano. O consumo é maior cando é festivo, porque se celebra moito máis".

Tamén o celebrará a praza de abastos de Ourense, cun acto reivindicativo en que haberá degustacións e música.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar