Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colocadas 11.500 trampas e capturadas 41.000 raíñas no plan de choque contra a avespa velutina

Colocadas 11.500 trampas e capturadas 41.000 raíñas no plan de choque contra a avespa velutina

Este ano son 90 os profesionais que participan no plan, con 30 dedicados ao trampeo e outros 60 centrados na retirada de niños

Exemplares de vespa velutina/DUVI-Universidade de Vigo Exemplares de vespa velutina/DUVI-Universidade de Vigo
G24.gal 08/05/2025 16:48

Os servizos vinculados á retirada de niños de avespa velutina, dentro do plan de choque impulsado pola Xunta en 2024 e que se mantén este ano, colocaron xa 11.500 trampas con algo máis de 41.150 raíñas capturadas, principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Así o apuntou a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, en resposta a unha pregunta do PP exposta pola parlamentaria Nicole Grueira para valorar a campaña de 2024 de loita contra a praga da avespa asiática e as novidades previstas para este ano.

Prieto lembrou que se iniciou en 2013 o programa para frear a súa expansión para logo en 2020 acometer un plan centralizado, impulsado desde a Consellería de Presidencia, en colaboración coa empresa pública Seaga e en base ás chamadas recibidas. 

Respecto á incidencia, lembrou o aumento "extraordinario" de avisos en 2023 polo que se puxo en marcha ao ano seguinte un plan de choque, a través da retirada de niños ao comezo ou un proxecto piloto para os trampeos.

Colaboración con universidades

Sobre o plan de choque, sinalou que este ano son 90 os profesionais que participan nel, con 30 dedicados ao trampeo e outros 60 centrados na retirada de niños.

A iso, sumou as charlas divulgativas ou a colaboración coas universidades galegas para solicitar os datos e adoptar en base a eles as correspondentes medidas.

Destacou o uso das novas tecnoloxías para recibir os avisos, que instou formalizar a través do 012. De este, expuxo que en 2024 recibiuse un 47 % menos de avisos que en 2023, o que vinculou coas actuacións levadas a cabo. Ese ano, houbo máis de 113.000 raíñas capturadas.

Mentres, insistiu en avisar dos niños que se detecten para "chegar ao maior número" e frear a expansión da avespa. Tamén apelou á "tranquilidade" ao non ser a velutina "máis perigosa que unha avespa normal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade