Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coincidencia absoluta na análise do derbi: empate xusto

Coincidencia absoluta na análise do derbi: empate xusto

Tanto adestradores coma xogadores dos dous equipos admitían que o máis xusto, logo do visto nos noventa minutos, foi o empate

G24.gal 25/09/2022 15:31

Claudio Giráldez estaba moi satisfeito polo rendemento do Celta B e recoñeceu que o empate fora xusto logo do visto nos noventa minutos. O técnico tamén se referiu ao feito de xogar en Balaídos: "Polos xogadores e o seu estilo de xogo, gustaríanos xogar sempre aquí", sentenciou o do Porriño.

Coincidía na análise Borja Jiménez, que tamén cualificou como "xusto" o empate. O único que lamentaba era ter recibido un gol antes do primeiro minuto. "É algo que non pode pasar", explicou un anoxado Jiménez. 

Os dous goleadores estaban na mesma liña. "Non sei se poderei durmir hoxe", asegurou o dianteiro Iker Losada. O capitán do Celta B volveu marcar en Balaídos logo de facelo contra o Real Madrid xogando co primeiro equipo hai un par de anos. 

Villares asegurou que a xogada do gol estaba traballada e lamentou a falta de continuidade do Deportivo no segundo tempo. O cadro coruñés terá que afrontar o mércores o partido adiado da primeira xornada ante o Talavera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade