Cargando resultados...
Claudio, logo da derrota: "Vénnos ben este golpe de realidade"
G24.gal
30/07/2024 22:32
O técnico do Celta non quixo poñer escusas á derrota do Celta diante do Lille, un dos mellores equipos do campionato francés. O resultado de 3-1 reflictiu o que aconteceu sobre o terreo de xogo e Giráldez recoñeceu a superioridade dos rivais.
"Era unha proba dura contra un equipazo. Foron superiores a nós en todas as facetas. Vénnos ben este golpe de realidade. Estamos lonxe do nivel competitivo que precisamos e o resultado ponnos os pés na terra. Temos que seguir mellorando e traballando, hai que pensar máis e atrevernos máis", recoñeceu Claudio unha vez rematado o partido.
Tamén valorou que todo o cadro de xogadores, agás Vicente Guaita, vai estar á súa disposición para a vindeira semana, case a véspera do primeiro partido de Liga.