Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "Na segunda parte demos a nosa mellor versión"

Claudio Giráldez: "Na segunda parte demos a nosa mellor versión"

A boa imaxe do equipo logo do descanso fai que afronte con optimismo o partido contra o Vilarreal

O técnico tamén valorou a importancia de estar entre os elixidos no sorteo da Europa League do venres

G24.gal 28/08/2025 07:37

Para Claudio houbo dous tempos moi diferenciados. Un primeiro no que o Betis tivo o control e un segundo no que o Celta "foi moi superior". "Na segunda parte demos a nosa mellor versión da temporada, a miña sensación é que marcharon dous puntos, catro no que levamos de temporada" asegurou o porriñés. 

O adestrador do Celta considera que ese é o camiño que ten que seguir o equipo para futuros compromisos como o do venres diante do Vilarreal, "o equipo máis en forma do campionato". 

O adestrador celeste tamén valorou o que vai acontecer o vindeiro venres, día no que o Celta vai estar presente no sorteo da Europa League. "Temos que gozalo moito, é a décima vez na historia que estamos nunha competición europea". Como preferencias, Claudio elixe "desprazamentos curtos" por aquilo da recuperación para os partidos da Liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos