Claudio desminte que teña problemas coa Dirección Deportiva
'Temos un relación gran relación', aclarou o adestrador do Celta
Afirmou que lle encanta Hugo González, que lle lembra á situación de Alfon
Dixo que ante o Athlétic agarda un partido moi complicado
Na previa do enfrontamento deste domingo ante o Athétic de Bilbao, o adestrador quixo saír ao paso dos comentarios xurdidos despois da marcha en falso de Javi Rueda. Claudio Giráldez subliñou que ten "unha grandísima relación tanto coa presidenta como coa Direección Deportiva" e que están de acordo "o 99% das veces". Engadiu que, cando hai discrepancias, as tratan como "persoas adultas", sempre en interese de todos. O técnico volveu insitir en que hai que ter calma e seguir construíndo celtismo e aclaraou que lle gustaría contar con outro central máis, pero que co cadro de xogadores así, está contento.
Claudio falou tamén da situación de Hugo González, un xogador que lle encanta, e comparouno con Alfon. E constatou a dificultade do partido desta xornada ante o Athétic de Bilbao, "un equipo que vai estar arriba".
Preguntado pola falta de gol deste inicio de campaña, o técnico falou dun aspecto físico, de falta de atrevemento e dos plantexamentos dos rivais, en bloque baixo, que complican o ataque celeste.