Publicador de contidos

Publicador de contidos

Noite para esquecer do Celta na súa estrea en Balaidos (1-2)

Noite para esquecer do Celta na súa estrea en Balaidos (1-2)

Comezou Iago Aspas a súa última temporada con gol

O partido cambiou coa expulsión de Marcos Alonso

G24.gal 27/08/2026 21:01 Última actualización 27/08/2026 22:56

Na súa última temporada. No primeiro partido en Balaídos. Iago Aspas saiu e marcou desde a frontal da área un gol con moitos títulos: o primeiro gol da temporada do Celta, o primeiro gol da última temporada de Iago. 

Despois do gol mudou o relato e custoulle máis aos vigueses atopar os pases. O Celta perdeu o fío do encontro, só salvado pola falta de inspiración do Osasuna. A situación de superioridade no marcador cambiou nada máis comezar a segunda metade. Minuto 50. Marcos Alonso chega tarde a un balón e dálle por riba do nocello a Iker Muñoz. O colexiado Miguel Sesma, tras consultalo co VAR, amósalle o cartón vermello a Marcos (que perde o partido co Athletic de Bilbao). Con 10 xogadores o Celta non é capaz de poñerse en campo contrario. 

No minuto 62 confírmase a desfeita. Saque de córner e Javi Galán despexa un balón coa man. Penalti a prol do Osasuna que transforma Budimir para adiantar ao Osasuna. Non querían os celtistas recordar o precedente con Sesma Espinosa asubiando, aquel partido que perdeu o Celta 3-4 co Alavés, pero o de hoxe co Osasuna pasa a formar parte da traxectoria negra do colexiado en Balaidos.

Giráldez intentou cambiar a dinámica con varios trocos. Sairon Rueda, Galán, Williot e Durán para dar entrada a El-Abdellaoui, Carreira, Hugo Álvarez e Jutglá. Tivo o Celta algúns destellos nos últimos minutos, pero despois do gol de Aspas todo lle saeu mal aos celestes. 

Aínda quedaría unha última xogada polémica. Xogada que remata Budimir e salva baixo paus Carreira. O árbitro concede gol e ten que entrar o VAR a corrixir que o balón non entrara completamente na portería. Gol anulado e con esta xogada remata o partido. 

Primeiro partido na casa e primeira derrota para o Celta, que pensa xa no Athletic para devolverlle o brillo a Balaidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar