Cita decisiva para o Burela, á procura do seu sexto título de liga
Cita decisiva para o Burela, á procura do seu sexto título de liga
Este mércores (20:30, G2) dispútase o terceiro e definitivo partido da final diante do Futsi Navalcarnero
O Burela Pescados Rubén quere facer historia co seu sexto título de liga. Precisa gañar o terceiro e definitivo partido da serie final diante do Futsi Navalcarnero este mércores (20:30 horas) nun partido que seguiremos pola G2.
Os dous mellores equipos do campionato -e posiblemente do mundo- amosaron a igualdade e calidade dos enfrontamentos nos anteriores dous encontros. O primeiro, xogado en Vista Algre, acabou con empate a tres goles e decidiuse a prol do Futsi na quenda de penaltis. O segundo, na pista madrileña e co Burela contra as cordas, saldouse a prol das galegas cun gran triunfo por 2-4.
Fronte a fronte estarán os dous mellores equipos. O Burela liderado por Emilly Marcondes, Irene Samper, Dany Domingos ou Antía Pérez e o Futsi coas irmáns Córdoba -Laura e Irene-, María Sanz, Ari, Becha... Dous equipos espectaculares que prometen un gran desenlace do campionato.