Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco familias da rúa do Teixo de Ourense viven sen os servizos básicos, como hai 50 anos

Cinco familias da rúa do Teixo de Ourense viven sen os servizos básicos, como hai 50 anos

Os pozos secan e a maior preocupación é quedar sen auga

Nin iluminación pública, nin asfalto no chan, nin auga de traída, nin saneamento

Os veciños levan meses reclamando os servizos básicos de acceso, auga e saneamento
G24.gal 24/08/2022 13:20

Na rúa do Teixo, en pleno Ourense, viven como hai cincuenta anos. Nin alumeado público, nin asfalto no chan, nin auga de traída, nin saneamento. O urxente agora é a auga, coa seca moitos dos pozos que teñen que son privados estanse esgotando.

Conseguir auga comeza a presentar serias dificultades. Aínda que contan con pozos, están en niveis mínimos así que tratan de botar man doutros recursos. Ademais aquí non empregan a auga propia para consumo humano, porque os pozos negros teñen contaminadas as fontes.

"Temos medo de quedar sen auga e temos nenos ese é o problema. Temos que facer por ter eses servizos básicos que non estamos reclamando nada que sexa de luxo, é un servizo básico para poder vivir. O problema é que o paso é público pero a propiedade é privada e o concello tería que chegar a expropiación ou algo".

 

"No meu caso o recurso que teño é un pipote de 300 litros do viño que non se usa. Cargalo no meu coche ir a casa de meus pais e gasto da traída deles e traer toda a auga que poidamos durante toda a seca. É insalubre xa non só para nós senón tamén para os veciños. Temos foxas sépticas e no meu caso non é nin foxa que vai pola leira abaixo, isto está hai anos erradicado e nós aquí seguimos".

O camiño non está asfaltado nin conta con iluminación. Isto leva a que os camións de recollida de residuos, ambulancias ou outros transportes teñan serias dificultades para dar servizo as vivendas.

Son cinco familias e hai cinco nenos e nenas. As cinco vivendas que forman parte de Ourense e din que pagan os impostos correspondentes. O concello alega que non é chan urbano e que non poden facer nada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade