A apertura total da autovía Lugo-Santiago segue sen concretarse
En maio o delegado do Goberno dicía que esta autovía abriría na súa totalidade este verán, o último tramo que queda por finalizar é o que une Arzúa con Melide
As obras desta autovía comenzaron no 99 e é unha das infraestruturas de toda España que máis anos acumula en obras e prórrogas
En marzo de 2025 entraba en funcionamento o treito Palas-Melide da A-54. A previsión daquela era ter lista toda a autovía.
"Estará completamente terminada e en funcionamento durante o 2025", dicía durante a inauguración o ministro de Transportes, Óscar Puente.
Complicacións técnicas non o permitiron e en abril deste ano.
"Pronto estaremos alí para inaugurar o último treito", aseguraba o ministro.
Non había data, pero si avanzaban un prazo. Isto é o que dicía o delegado do Goberno, Pedro Blanco o pasado mes de maio:
"En este verán seremos capaces a bo seguro".
Pero de momento as máquinas seguen traballando no treito Arzúa-Melide para desesperación dos veciños, cansos dos atascos e o intenso tráfico.
"Hai moitos camións", di unha muller, un home comenta "Obstaculizan todo o tráfico da vila".
Só quedan 16 quilómetros para completala despois de tres décadas de traballos.
"O próximo ano que hai eleccións seguro que a rematan", di un veciño
Coa súa apertura, a viaxe entre Lugo e Santiago só levaría 50 minutos.