Os madrileños que visiten Galicia non poderán gozar dos beneficios do transporte público
A Comunidade de Madrid non acepta a reciprocidade que exixía a Xunta
Os madrileños que visiten Galicia non se poderán acoller aos beneficios do abono de transporte público. E que a comunidade madrileña non acepta a reciprocidade, unha condición para a Xunta innegociable.
A Comunidade de Madrid anunciaba o pasado mes de xuño que para acceder ao abono mensual de transporte público había que estar empadroado en Madrid, Entre os beneficiarios incluía algúns concellos de Castela e Leon e Castela-A Mancha.
Logo ofrecía algunha medida de excepcionalidade a estudantes. E ao resto de comunidades pedíalles que cofinanciaran o acceso dos seus cidadáns á tarxeta de transportes madrileña. Tras estudar a proposta, Galicia non asinará o convenio.
A reciprocidade era condición innegociable para a Xunta. Cataluña tamén rexeitou o convenio que ofrecía a Comunidade de Madrid.