Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco equipos galegos esperan rival en Copa do Rei, con premio para o Ourense C. F.

Cinco equipos galegos esperan rival en Copa do Rei, con premio para o Ourense C. F.

Algún dos tres equipos de Primeira RFEF poderá medirse a un equipo de Primeira División

G24.gal 11/11/2025 11:45 Última actualización 11/11/2025 11:56

A bóla do Ourense C. F. estará no bombo xunto coas de Celta, Depor, Rácing de Ferrol e Pontevedra, que tamén esperan adversario, aínda que as dificultades serán variables en cada caso. Polo formato, aos equipos de Primeira RFEF podería tocarlles o Celta de Vigo.

Nestes sorteos de Copa están a priorizarse criterios de proximidade xeográfica, polo que é posible que haxa un duelo fratricida, como xa ocorreu co U. D. Ourense-Pontevedra, que se resolveu nos once metros tras o 1-1 final. O Rácing de Ferrol, pola súa banda, deixou na cuneta o Langreo.

Pola outra banda, hai que considerar que nesta rolda son 15 os equipos de Primeira División que teñen pasaporte, coas ausencias aínda de Barça, Madrid, Atleti e Athletic e a xa coñecida baixa do Oviedo. Así, eses quince equipos da elite xogarán, seguro, contra Cieza e Portugalete, equipos de Terceira RFEF que eliminaron a Córdoba e Real Valladolid, e contra os once equipos de Segunda RFEF, entre os que destacan Numancia, Reus, Estremadura ou Atlético Baleares.

Ademais, os dous equipos de Primeira desemparellados terán que verllas contra un quipo da división de bronce, categoría na que xa si entran ferroláns, pontevedreses e ourensáns. Poida que algún destes tres teñan o "premio" de xogar contra unha Primeira División, como pode ser o Celta de Vigo, aínda que as súas opcións son moi baixas, considerando que hai outros oito equipos de Primeira RFEF no sorteo. Os equipos de Segunda, como o Deportivo, mediranse por tanto entre eles e a Primeira RFEF que aínda queden sen rival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade