Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco colexios concertados galegos deberán deixar de segregar por sexo

Cinco colexios concertados galegos deberán deixar de segregar por sexo

As aulas galegas perden 1.798 alumnos tras unha drástica baixada en infantil e primaria

G24.gal 18/08/2023 10:46

As aulas galegas perden 1.798 alumnos e terá un total de 225.013 asistentes no inicio do curso escolar do 11 de setembro.

As etapas de infantil e primaria, que inclúen a educación especial, perden 2.643 persoas e quedan en 127.567. Tamén perde alumnado o bacharelato, con 115 persoas menos ata as 27.908 persoas, e a única etapa que suma é secundaria, con 960 máis, co que chega ás 69.538.

Estes alumnos estarán repartidos en 11.924 aulas nas catro provincias, oito máis que as dispoñibles durante o curso anterior.

A Consellería pechou tres centros, todos na provincia da Coruña, en concreto o CEIP de Torrexallóns, en Laxe; o CEIP de Pousada de Carcacía, en Padrón, e a Escola de Educación Infantil de Carnés, en Vimianzo, porque contaron con 1, 2 e 4 matrículas respectivamente.

En canto ás prazas de 4º de educación infantil, de novo ingreso, Educación asegura que ofertou 26.000 e recibiu 15.000 solicitudes, polo que un 42 % quedaron libres e un 99,2 % das adxudicadas foron para o centro elixido como primeira opción. 

 282 concertos educativos en Galicia: 5 centros deben deixar de segregar por sexo

A Consellería de Educación aprobou, por un prazo de seis anos, os concertos educativos con 282 centros escolares de Galicia, entre os que hai 5 que deben deixar de segregar por sexo para cumprir a normativa.

A Consellería de Educación asegura nun comunicado que a nova lei de educación, a Lomloe, establece que xa non é posible segregar por sexo, polos que os 5 centros galegos que o facían -todos recollidos nesta orde e cos seus concertos renovados- deben deixar de facelo a partir deste curso e permitir matrícula mixta.

Os cinco centros están na Coruña (Peñarredonda), Culleredo (Montespiño) e Vigo (Aloya, As Acacias e Montecastelo).

No global da orde, en canto a infantil, primaria, secundaria e educación especial, son un total de 205 centros privados concertados incluídos nos concertos educativos.

Por provincias, Pontevedra conta co maior número de concertos, cun total de 87, seguida da Coruña, con 78, mentres que en Ourense hai 23 e en Lugo, 17.

A Formación Profesional suma 77 centros con concerto, entre os que 37 son da provincia de Pontevedra, 28 da da Coruña, 9 da de Ourense e 3 da de Lugo.

Tamén houbo 3 solicitudes desestimadas, 2 da provincia de Pontevedra e 1 da provincia de Lugo, todas por cuestións orzamentarias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade