Publicador de contidos

Publicador de contidos

Churre: "O equipo repúxose moi ben nun escenario complicado"

Churre: "O equipo repúxose moi ben nun escenario complicado"

O capitán granate valora a clasificación na Copa do Rei

G24.gal 13/11/2022 15:06 Última actualización 13/11/2022 16:03

Foi o desgrazado protagonista da primeira xogada do encontro. Víctor Vázquez "Churre" anotaba o tanto en propia porta que poñía a eliminatoria moi costa arriba xa aos nove segundos de partido. Pero o Pontevedra tirou de carácter, casta e calidade para darlle a volta ao marcador e clasificarse para a terceira rolda do torneo do K. O.

"Non houbo entendemento entre Álvaro e eu. Queda en anécdota logo do resultado. O equipo repúxose ben, nun campo seco, sintético, non corría ben o balón. O equipo foi superior e estivo a un nivel moi alto. Ese primeiro gol activounos máis e fomos a por eles. Agora temos que pensar xa na Liga".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade