Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chocolate artesanal feito en Galicia que conquista premios a nivel europeo

Chocolate artesanal feito en Galicia que conquista premios a nivel europeo

Presente no mercado gourmet galego, de Madrid e Barcelona, agora busca desembarcar no de Portugal

Chus Purriños 28/01/2026 20:20 Última actualización 28/01/2026 20:46

Guillermo acumula no seu obradoiro unha decena de premios que recoñecen os seus chocolates como uns dos mellores de Europa.

"Temos un que gañou a medalla de prata a nivel europeo. É un chocolate afroitado cun toque acedo. E outro de Uganda é un chocolate máis equilibrado que tamén gañou a medalla de prata", comenta Guillermo Villafañez, fundador de Essenzo cacao. 

E logo está o premio de ouro: un chocolate negro con leite elaborado con gran traído de Filipinas.

"Nós fixámonos principalmente no sabor. É moi diferente un cacao como pode ser o de Ecuador a outros que traballamos nós como é o de Filipinas. Intentamos que sexan de pequenas plantacións, coñecer un pouco toda a cadea desde o agricultor ata que nos chega a nós", explica. 

Comezou experimentar co cacao aos 25 anos. Diso hai 8 anos e agora elabora artesanalmente o seu produto. "Partimos normalmente dun 72% de cacao porque é o punto, polo menos para min, en que se encontra o equilibrio entre o sabor e que poidas apreciar as notas de cata sen que sexa demasiado doce nin demasiado amargo", apunta.

Presente no mercado gourmet galego, de Madrid e Barcelona, agora busca desembarcar no de Portugal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade