Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chiqui lidera o Coruxo e apunta ao play-off

Chiqui lidera o Coruxo e apunta ao play-off

G24.gal 01/05/2022 19:56

Chiqui e o Coruxo apuntan ao play-off. Os vigueses gañáronlle 2-0 ao Marino de Luanco cunha grande actuación do extremo que mantén os vigueses a dous puntos dos postos de privilexio.

Precisamente o exxogador do equipo asturiano foi o que resolveu o partido con dous tantos. O primeiro, resolvendo con sangue frío dentro da área aos 26 minutos. E o segundo cunha manobra espectacular ao pouco de principiar a segunda metade. 

O partido foi de dominio absoluto do Coruxo diante dun Marino que tamén se xogaba a vida deportivamente falando. Chiqui puxo os goles pero a meirande parte das ocasións foron para Youssef. O marroquí non tivo o seu día cara á porta contraria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos