Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chile legaliza o matrimonio entre persoas do mesmo sexo

Chile legaliza o matrimonio entre persoas do mesmo sexo

Convértese no oitavo país da América Latina en legalizalo

O colectivo LGTBI chileno culmina unha loita de máis de 4 anos 

G24.gal 07/12/2021 18:03

O Congreso chileno aprobou este martes un histórico proxecto de lei que lles permite casar ás persoas do mesmo sexo, iniciativa que comezou a revisarse hai máis de catro anos como unha das grandes arelas do colectivo LGTBI do país.

A iniciativa aprobouse na Cámara Baixa por 82 votos a favor, 20 en contra e 2 abstencións nunha memorable sesión que rematou con aplausos. Horas antes aprobárase na Cámara Alta, co apoio de 21 senadores. 8 votaron en contra e 3 abstivéronse.

Chile convértese así no oitavo país da América Latina en legalizar o matrimonio igualitario despois da Arxentina, O Brasil, Colombia, O Uruguai, Ecuador, Costa Rica e varios estados de México. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade