Cheo total na Praia das Catedrais pola chegada da calor
Cubriuse a cota de 4.812 visitas diarias autorizadas
Os aparcadoiros da zona levan días ateigados
Os aparcadoiros cheos xa dan idea da cantidade de xente que se xunta diariamente na contorna e na praia das Catedrais. Mesmo hai quen se establece preto coas autocaravanas. A estampa é habitual durante todo o verán, pero hoxe fíxose aínda máis grazas a que o día acompañou.
"Viñemos pola mañá e xa había moita xente, aínda que estaba a marea alta".
"Viñemos pola miña filla, que o viu en Tiktok".
"Gustoume moito porque é moi diferente de Murcia, de onde vimos".
A cota é de 4.812 persoas que poden baixar cada día ao areal durante as horas en que a marea está baixa. Así, o tráfico de visitantes é continuo nos momentos en que a praia abrangue máis espazo. Entre os que acoden ata Ribadeo hai cada vez máis persoas do resto do Estado e tamén estranxeiras.
"Eu levo toda a vida vindo, e cada vez gústame máis".
"Está ben que controlen para que non se deteriore".
Xa dende Semana Santa hai unha afluencia continua de persoas que queren gozar da praia.