Cheo total en Vigo no día grande da Reconquista
Os franceses abandonan a cidade tras unha derrota épica
Regresa a festa despois de tres anos e o sector hostaleiro colle impulso
Os franceses, o exército de Napoleón, foi esta tarde expulsado da cidade de Vigo. Foi o acto principal dunha festa da Reconquista que volveu facernos revivir a historia.
Nos momentos previos a expulsión non faltou a música e tampouco a batalla entre o pobo e o exército francés nunha espectacular posta en escena, este ano no Náutico, que desempeñaron centos de actores da asociación cultural e veciñal do casco vello vigués.
E esa defensa da vila chega co derrubamento da porta de Gamboa. Un dos momentos álxidos da festa que seguiron milleiros de persoas na rúa.
Cos franceses derrotados chega o momento da súa expulsión. Con algo de enfado depoñen as armas para por fin a un dos actos centrais dunha nova reconquista que este ano cumpriu con creces o seu obxectivo.
Pero a súa despedida en barco e simplemente un adeus.
O ano que vén, volverán a recrear novamente esta parte da historia nun festexo declarado de interese turístico nacional.