Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan ao mercado as primeiras centolas da tempada

Chegan ao mercado as primeiras centolas da tempada

Tras unha selección a bordo, aos portos chegan os mellores exemplares, este ano cun incremento do prezo mínimo de venda en lonxa ata os 12 euros o quilo

Este luns xa se venderon as primeiras en lonxas como a do Grove

G24.gal 11/11/2024 21:23

Este luns desembarcaron as primeiras centolas da tempada nos portos galegos. Este martes chegarán aos mercados, pero xa se venderon nas lonxas como na do Grove. 

Son moitos os mariñeiros que agardaban a apertura da veda para saír ao mar. O primeiro día deixou capturas escasas, pero moi bo produto. Agardan que cheguen os ventos cálidos do sur e o mar de fondo, a situación ideal para que a campaña sexa abundante. 

Tras unha selección a bordo, aos portos chegan os mellores exemplares, este ano cun incremento do prezo mínimo de venda en lonxa ata os 12 euros o quilo. Ata a lonxa do Grove achegáronse compradores de diferentes puntos do país na busca do crustáceo estrela das mesas de Nadal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos