Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan a Compostela 2.500 peregrinos nunha xornada e xa son máis de 25.000 este ano

Chegan a Compostela 2.500 peregrinos nunha xornada e xa son máis de 25.000 este ano

Turismo de Galicia espera superar os 10.000 camiñantes nestes días

Asegura que as cifras son "moi boas" e que as expectivas para o verán son incluso "mellores"

Máis de 25.000 peregrinos xa chegaron este ano, a cifra máis elevada na historia do Camiño e do Xacobeo a estas alturas do ano

G24.gal 16/04/2022 14:31

Case cada día prodúcese un novo récord no número de peregrinos que chegan a Compostela esta Semana Santa. Na xornada de onte eran máis de 2.500 camiñantes os que remataban a ruta. Desde Turismo de Galicia aseguran que as cifras son "moi boas" e que as expectivas para o verán son incluso "mellores".

O Obradoiro volve ser a meta e o punto de encontro para os milleiros de peregrinos que esta Semana Santa se achegan ata Galicia a través do Camiño... Onte producíase un récord no número de camiñantes que chegaban a Compostela... Desde Turismo de Galicia destacan que o éxito nas cifras de visitantes destas datas é o termómetro que mide o que pode acontecer no verán. As expectativas, aseguran, son moi boas.

"Cunhas cifras que son boísimas, onte chegaban uns 2.500 peregrinos, co que levamos estes días imos superar os 10.000 peregrinos. Todo indica que o verán vai ser así ou incluso mellor", Nava Castro.

A directora xeral de Turismo de Galicia recibía este sábado case medio cento de peregrinos relacionados coa Federación de Casas Rexionais en Navarra, que, ademais de faceren o Camiño, están a aproveitar esta semana para facer turismo por diferentes zonas de Galicia. Algúns aseguran que repetirán a experiencia xa no verán.

Entre os peregrinos máis novos, tamén aseguran que o Camiño non os deixou indiferentes... e animan a vivir esta experiencia.

"Atopas persoas marabillosas, eu comecei o Camiño Inglés soa e agora estou aquí cun grupo de vinte persoas, esa é a maxia do Camiño", "Vas camiñando por sitios moi bonitos, coñeces xente de lugares diferentes, unha experiencia, inesquecible e que repetiría seguro", dicían algúns dos peregrinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade